eventos SALMA

XUNTANZA SOLIDARIA - 2021

Para dar visibilidade e axudar a concienciar sobre a saúde mental, o día 10 de outubreo de 2021 - día da saúde mental - celebramos unha exhibición de voo de 🪁 papaventos 🪁, na la Torre de Hércules, na que participaron moitas persoas e familias de A Coruña. Grazas á colaboración do concello de A Coruña por facilitarnos o espazo, a Gadis por doar regalos para repartir entre os asistentes, e sobre todo a todas as porsoas por achegarse a celebrar este día tan especial, esperamos poder repetir o evento o ano que ven en moios outros lugares de Galicia.

Actividades para 2022:

Estas son algunhas das actividades que temos programado para 2022. Iremos ampliando a información a través desta web e das nosas redes sociais. Encantaríanos contar coa vosa colaboración.

CONCURSO DE DEBUXO nos colexios de Galicia

Para concienciar sobre a importancia da saúde mental na infancia e a xuventude, queremos celebrar un concurso de debuxo no que premiaremos 👌 os mellores debuxos e slogans 👌. Durante o ano traballaremos cos centros escolares e coas ANPAS para desarrollar as bases do concurso..

MARCHA SOLIDARIA EN BICI

Como a saúde mental e a saúde física deben ir da man, estamos a planificar varias marchas en 🚲bici 🚲 nas distintas localidades galegas, nas que poidan participar as familias e as persoas que o desexen. Estamos traballando para conseguir a maior inclusión e participación posible. A finais de agosto publicaremos información máis detallada deste evento, para que poidamos organizar e disfrutar dun domingo solidario.