Concurso: "Medrar Dignamente"
Gañadores do I PREMIO “MEDRAR DIGNAMENTE”
A Saúde Mental no Ámbito Educativo - Curso 23 /24
Xa coñecemos aos centros educativos que gañaron esta edición do premio MEDRAR DIGNAMENTE, a cal contou coa colaboración dos Concellos de Vigo, Lugo, e Ourense. Moito agradecemento para eles, e para todos os centros, profesorado e alumnado que ofreceron o seu entusiasmo e compromiso coa saúde mental.
Concello de Ourense:
Gañador: Aula de 1º de Educación Primaria do Colexio Luis Vives.
2º Posto: Aula de 2º de Educación Primaria do CEIP Manuel Luís Acuña.
Concello de Lugo:
Gañador: Aula de 1º do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade do Centro CIFP As Mercedes.
Concello de Vigo:
Gañador, na categoría de Educación Primaria: Aula de 6º de Educación Primaria do CEIP Igrexa Candeán.
Gañador na categoría da ESO: Aula de 4º de ESO do Colexio María Inmaculada - F. Vedruna Educación.
Noraboa, e desfrutade do merecido premio!
I PREMIO “ MEDRAR DIGNAMENTE ” CURSO 2023-2024
Para a CONCIENCIACIÓN E DIVULGACIÓN DA IMPORTANCIA DE COIDAR A SAÚDE MENTAL nos colexios e institutos de Galicia.
O premio MEDRAR DIGNAMENTE créase para concienciar e divulgar entre as persoas máis novas a importancia de coidar a saúde mental,, e facerlles partícipes deste coidado desde o seu ámbito educativo, nos seus centros escolares, coa colaboración estreita do seu profesorado. O premio conta coa colaboración dos Concellos de Vigo, Lugo, Ourense para a súa divulgación e financiamento dos premios, e establécese para os centros educativos dos mesmos.
BASES
¿Quen pode participar?
Poderá participar calquera centro educativo dos concellos de Ourense, Lugo, Vigo e A Coruña. Cada concello establecerá nas bases - que podedes descargar ao final desta páxina - o premio que corresponderá ás aulas gañadoras, con diferentes premios e proxectos en función do nivel educativo dos participantes.
Os centros educativos participantes deberán desenvolver as súas propostas ao redor das problemáticas que se atopan no seu día a día, e como mellorar e divulgar o coidado da saúde mental nos centros educativos e na súa comunidade. Os traballos realizaranse por aulas, de forma que todos e todas as alumnas implicaranse no desenvolvemento do proxecto, que será dirixido e supervisado por algún/a profesor/a de o centro.
Os traballos presentados deberán ser orixinais e valorarase especialmente o traballo en equipo e as posibles achegas innovadoras para o coidado da saúde mental na poboación infantil e xuvenil.
Prazos:
O prazo de inscrición será ata o 15 de xaneiro do 2024 (descargas as bases para máis detalle). Unha vez aceptadas as candidaturas comeza a fase de realización dos proxectos que será ata o 15 de marzo do 2024.
Finalmente, haberá un prazo do 15 de marzo ao 15 de abril para subir os materiais á plataforma habilitada desde a páxina web da fundación con este fin.
30 días despois da recepción de todos os materiais por parte dos participantes, procederase a anunciar aos gañadores e á entrega dos premios.
Premios:
Cada concello establece un premio diferente, consulta as bases do teu concello (a descarga abaixo nesta páxina) para daber cal pode ser o teu.
Proxectos a premiar (por nivel educativo):
AULAS DE PRIMARIA: “No meu cole ideal…” : ideas innovadoras para levar á prácca no día a día, e que servirían para mellorar a convivencia e a realización persoal, sen esgmas nin prexuízos. Formato libre: relato, discurso, diálogo, cómic, poesía, conto, etc. Pode conter imaxes e/ou debuxos, viñetas (a condición de que sexan de creación propia).
AULAS DA E.S.O: “Cartel publicitario cun slogan sobre a saúde mental”
AULAS DE BACHARELATO: “Vídeo curto para sensibilizar á poboación sobre os problemas e retos aos que se enfrontan hoxe en día os mozos e mozas, e que poden poñer en perigo a súa saúde mental”. Vídeo curto, non superior aos 3 minutos en formato .mp4
AULAS DE FP: “Vídeo curto para divulgar a importancia de coidar a saúde mental na mocidade”.