o noso percorrido

· Creación da “FUNDACIÓN SALMA”, inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego e se clasifica de Interese Sanitario.

· Organización do evento anual para concienciar e visibilizar a importancia do coidado da saúde mental; coa exhibición do voo de cometas en lugares públicos emblemáticos en varios concellos galegos (2021, 2022, 2023).

· Coordinación da quenda de conferencias e debates en toda Galicia sobre a saúde mental, con relatores do tecido sanitario, educativo, político, social e asociativo 2022:

Moaña: “Divulgación e Prevención” (no Salón de Plenos do Concello de Moa

- Representante da Asociación FACER VISIBLE O INVISIBLE.

- Miguel Ángel Talavera Valverde, terapeuta ocupacional matriculado COTOGA, no servizo de psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol. Tamén é profesor e investigador da Universidade da Coruña, e director da revista TOG.

- Alberto López e dona María Esther Dianez. Proxecto "Valderrubio Ciudad Neuroactiva" recoñecido pola Comisión Europea como o terceiro Premio da Saúde da UE 2020.

Vilagarcía de Arousa: "Prevención e Atención Continuada" (no Auditorio Municipal de Vilagarcía)

- Dra. María Tajes Alonso, xefa do Servizo Saúde Mental do SERGAS.

- Dr. José Mazaira Castro, psiquiatra infantil e xuvenil e coordinador da unidade de hospitalización de saúde mental para nenos e adolescentes do C.H.U.S.

- Dr. Francisco Javier Vicente Alba, psiquiatra da EOXI de Pontevedra, traballa no equipo de continuidade asistencial da Área do Salnés.

- Mario Seoane, mozo diagnosticado de TEA.

- Rebeca Sevilla Muñiz, psicóloga, profesional do autismo BATA.

A Coruña: “Retos para a mellora da saúde mental na poboación infantil e xuvenil de Galicia” (no Auditorio Hércules Edicións da Coruña.)

- Dra. Mazaira, psiquiatra infantil e xuvenil e coordinadora da Unidade de Hospitalización de Saúde Mental Infantil e Adolescente do C.H.U.S.

- Myriam Garabito Cociña, presidenta UNICEF Comité Galicia.

- Fátima Pérez Pérez, directora ABAC.

- Pablo Arangüena, deputado polo PSdeG.

Lugo: "Saúde Mental no ámbito comunitario e veciñal" (no Salón de Actos do COGAVE)

- Dr. Mauro López Seijas, psicólogo responsable do programa de atención a persoas sen fogar de Cruz Vermella.

- Vanesa Pontón Rodríguez, enfermeira e técnica de atención a persoas en situación de Dependencia.

Vigo: "Déficits estruturais na atención" (no Auditorio do Edificio da ONCE de Vigo)

- Esperanza Domínguez Bautista, Presidenta de Autismo Vigo.

- Antonio Doval Canabal, traballador social do Servizo de Psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

- María Teresa Táboas Crespo, Enfermeira do centro de coordinación do 061.

Santiago de Compostela: "Cambio de paradigma, retos de futuro" Salón de Grados da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

- Dra. Ana María Jiménez Pascual, Psiquiatra. Presidente da Asociación Hispano-Manchega de Neuropsiquiatría e Saúde Mental (ACMNSM).

- Dra. Rocío Gómez Juncal, doutora en Psicoloxía e profesora da Escola Universitaria de Traballo Social adscrita á Universidade de Santiago de Compostela, USC.

- Rocío Núñez Rea, Educadora Social e Vicepresidenta do Colexio de Educadores Sociais de Galicia (CEESG).

- Dra. Melania Beceiro Rico, Psicóloga clínica en la Unidad de Salud Mental Infanto-Juvenil.

· Redacción e presentación no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular para a aprobación dunha lei galega de saúde mental; e coordinación do equipo de Fedatarios 2022.

· Elaboración e difusión de informes sobre o estado da saúde mental na Comunidade Autónoma de Galicia, para contribuír á concienciación da importancia da saúde mental, tanto para os cidadáns como para as Administracións Públicas responsables da toma de decisións (Informe 2020, Informe 2022).

· Presentación da campaña "Reflexións sobre a saúde mental" organizado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña.

· Creación da Plataforma de entidades galegas para a elaboración do “Acordo para a mellora da saúde mental infantil e xuvenil de Galicia”,  acordo aceptado polo goberno galego como Documento Base para negociar prórrogas e complementos do actual Plan de Saúde Mental.

· Desenvolvemento dun modelo alternativo de vivenda innovador para persoas con problemas graves de saúde mental. Modelo presentado a  Xunta de  Galicia para a súa valoración e inclusión na captación de fondos europeos.

· Creación do proxecto “A LAREIRA: coidar dos que cuidan”. Rede de apoio aos familiares e coidadores próximos de persoas con problemas de saúde mental - Abril 2023.

· Membro da Plataforma de Organizacións para a Infancia en Galicia (POIG) e membro da súa mesa de traballo de incidencia política.

· Organización do proxecto LUSCO FUSCO: Exposición de Arte Solidaria coa Mocidade Galega. Salón de Actos do Espazo Amizar - Outubro 2023. (Video).

· Participación no Congreso Internacional: "Prevención e tratamento familiar para a mellora da saúde mental infantoxuvenil" - Logroño - Febreiro 2024 (Video).


  

   ligazóns adicionais e na prensa 

 · Como abordar a saúde mental en Galicia, a segunda comarca con maior índice de suicidios?

 · Recollida de sinaturas para unha ILP pola saúde mental.

 · Réplica da presidenta da Fundación Salma no Parlamento de Galicia.

 · O Parlamento rexeita a consideración dunha ILP sobre saúde mental.

 · Vídeo sobre o día da infancia en colaboración co POIG.