bótanos unha man
Hai varias maneiras de colaborar cos proxectos da fundación:
1) Sumándote, coa túa sinatura, á Iniciativa Lexislativa Popular para a
Lei galega de Saúde Mental (o prazo para a recollida de sinaturas abrirase durante o verán de 2021).
2) Achegándonos o teu coñecemento especializado ou a túa participación nas nosas actividades.
3) De moitos outros xeitos: dende falar de saúde mental con amigos e familiares para axudar a darlle visibilidade, divulgar os proxectos da fundación para recabar apoio, ou simplemente interesarte polo noso traballo, compartir as túas ideas ou darnos a túa opinión xa nos axuda a mellorar.
Podes contactar coa fundación a través de:
correo electrónico: fundacionsalmagalicia@gmail.com
teléfono: +34 623 005 377 (luns, martes e xoves, de 10 a 14h)