exposición luscofusco

Unha iniciativa de SALMA para divulgar sobre saúde mental e arte

No mes de outubro tivo lugar a exposición Luscofusco, organizada pola fundación Salma, na que artistas de toda Galicia doaron as súas obras en favor da saúde mental da infancia e a mocidade. As persoas que adquiriron as obras, non so colaboraron a divulgar o arte galego, se non que contribúíron a financiar os proxectos da Fundación Salma para dar visibilidade aos problemas de saúde mental. Queremos agradecer a todas esas persoas a súa aportación, e tamén - e moi especialmente - o dos e das artistas que colaboraron.