os nosos proxectos
Queremos impulsar reformas estructurais encamiñadas á mellora da calidade de vida e as oportunidades para as persoas con problemas de saúde mental. Centrámonos en tres líñas de actuación: unha na consolidación do marco legal, outra no desenvolvemento da xestón asistencial cara un modelo integral, e outra no reforzo da resliencia social.
Acordo pola mellora da Saúde Mental na infancia e na adolescencia
O coidado da saúde mental na infancia e na adolescencia conta con problemas estruturais que requiren unha estratexia coordinada e pactada coa sociedade, con medidas, consensuadas coa comunidade educativa e con todos os axentes implicados no coidado comunitario da saúde mental. Por iso estamos a traballar nun gran Pacto para a Mellora da Saúde Mental Infanto Xuvenil en Galicia, ao cal estanse a sumar moitas entidades locais, asociacións, centros educativos e profesionais de diversas ramas relacionadas coa saude mental.
Un marco legal que garanta o funcionamiento do sistema asistencial
As iniciativas e os programas de saúde mental requiren do respaldo legal para non quedaren no plano do teórico e das boas intencións. Dende SALMA queremos impulsar unha Lei galega de Saúde Mental, que garanta o cumprimento dos dereitos e que organice a asignación de medios e de recursos á asistencia sanitaria, e as prestacións sociais para as persoas con problemas de saúde mental.
Unha alternativa habitacional-asistencial
Queremos fomentar un modelo habitacional innovador para persoas con enfermidades mentalis graves, que dote aos seus residentes dun entorno hogareño e estable, con actividades ocupacionais que fomenten a súa autonomía e bienestar, e con asistencia permanente de persoal cualificado. Isto facilita o desenvolvemento de perspectivas de futuro e permite practicar, con acompañamento, unha normalidade sociocultural.
informe SALMA 2022
Co noso informe anual queremos explicar, con información detallada, o estado no que se atopa a saúde mental en Galicia.
exposición Luscoefusco
Artistas de toda Galicia doaron as súas obras para colaborar á divulgación sobre saúde mental
Un entorno social resiliente ante problemas de saúde mental
Consideramos que a resposta colectiva ante as situaciones de crise, persoais ou xerais, é fundamental para a súa superación, por iso queremos impulsar mecanismos de colaboración colectiva que sirvan para prestar apoio mutuo entre para as persoas e familias que deben afrontar un problema de saúde mental.