No ano 2030, as enfermidades mentais serán a primeira causa de discapacidade no mundo, e unha de cada catro persoas padecerá un problema de saúde mental nalgún momento da súa vida. Segundo a OMS, a depresión é xa a principal enfermidade no mundo desarrollado.
A pesares dos sucesivos programas cargados de boas intencións, as estatísticas poñen a España, e en particular a Galicia, entre os peores postos da Unión Europea en canto a recursos en materia de asistencia sanitaria e cobertura social para as personas con problemas de saúde mental, un colectivo especialmente vulnerable.
Esta situación pon de manifesto o olvido que veñen sufrindo durante anos as personas con problemas de saúde mental por parte das institucións, a insuficiencia do modelo de asistencia actual, e a ausencia dunha moi necesaria infraestrutura habitacional con apoio terapéutico e sanitario.
A Fundación Salma - Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia - é unha fundación sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condicións das persoas con problemas de saúde menal.