coñécenos mellor
contacto:
Podes contactar coa fundación a través de:
correo electrónico: fundacionsalmagalicia@gmail.com
teléfono: +34 623 005 377
(luns, martes e xoves, de 10 a 14h)
sobre a fundación
A Fundación Salma - Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia - é unha fundación sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condicións das persoas con problemas de saúde mental. Constitúese en 2020 e é recoñecida como fundación de interese galego pola Xunta de Galicia en marzo de 2021, clasificándose como de interese sanitario, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Sanidade.
a nosa misión
A nosa misión é dotar a Galicia dun modelo de xestión integral e multidisciplinar en materia de atención sanitaria e asistencia social para a saúde mental: un sistema que poña no centro os dereitos humanos das persoas con problemas de saúde mental, que entenda a saúde mental como un factor de progreso social, que parta dende os centros de saúde de atención primaria, e que conte co respaldo legal, a asignación de recursos e a planificación necesarias para a súa xestión eficaz e continuada.
o noso enfoque
Queremos impulsar reformas estructurais encamiñadas á mellora da calidade de vida e as oportunidades para as persoas con problemas de saúde mental, así como das persoas encargadas do seu coidado. Para ilo centrámonos en tres líñas de actuación:
1) A consolidación do marco legal en materia de saúde mental.
2) O desenvolvemento da xestión asistencial cara un modelo integral.
3) O reforzo da resiliencia social.
os nosos valores
INCLUSIÓN de todos os estratos da sociedade, dado que os problemas de saúde mental afectan a toda a poboación de maneira direta ou indireta.
SUPERACIÓN do estigma que supóne, a nivel cultural y social, o padeceren un problema de saúde mental, ou incluso o teren familiares ou amigos cunha enfermidade mental. Este estigma nace do medo, do descoñecemento en moitos casos, e da falta de ferramentas e de soluciones aos problemas derivados das enfermidades mentais.
COIDADOS: é enriquecedor coidar si se teñen as ferramentaas e os recursos precisos para poder facelo, e é enriquecedor e necesario deixarse coidar, moitas veces aínda que pensemos que no nos fai falla.
Unha mellor saúde mental refuerza a nosa RESILIENCIA, como individuos e como sociedade, para facer fronte ás situacións de crise, coa garantía de que temos ferramentas emocionais para superarlas en conxunto e darnos apoio mutuo.
DESENVOLVEMENTO PERSOAL E COLECTIVO: unha mellora sólida da saúde mental é unha oportunidade para o desenvolvemento persoal, non soamente das persoas enfermas crónicas senon das persoas encargadas do seu coidado, e das persoas que teñen un problema mental transitorio.
TECNOLOXÍA E INVESTIGACIÓN: o desenvolvemento dun modelo de xestión integral da saúde mental, que inclúa dende a asistencia sanitaria ate alternativas habitacionais e de inclusión laboral, é unha tecnoloxía dos coidados ao servizo da sociedade, e a investigación nesta materia é necesaria e beneficiosa para o conxunto da sociedade.
RELACIÓNS ÉTICAS: o respeto e a dignidade humana, e o dereito á autonomía das persoas serán a base de toda relación e plan de actuación en saúde mental.