lei salma - asinar

Como podes asinar?

Se queres asinar podes achegarte a algún dos nosos puntos de recollida no horario indicado. Se os puntos de recollida quedan moi lonxe, tamén podes poñerte en contacto con nos a través do correo electrónico fundacionsalmagalicia@gmail.com para que nos acheguemos a recoller a vosa sinatura.

Axúdanos recollendo sinaturas!

Para poder chegar a máis poboación, precisamos a colaboración de persoas que poidan recoller sinaturas. Non fai falta que sexan centos de sinaturas, coas dos teus familiares e achegados é suficiente... así que se queres sumarte, ponte en contacto con nos e explicarémosche como funciona.

Se dispós dun comercio ou local de hostalería, e queres apoiar a iniciativa, podes facelo colgando algún dos nosos cartaces, ou inclusoo mellor, ofrecéndoo como punto de recollida de sinaturas, permitindo que as persoas poidan achegarse ao teu local a asinar.

Sinaturas dixitais

Existe un procedemento regulado para a recollida de sinaturas electrónicas para as I.L.P., pero ata agora nunca foi posto en práctica na nosa comunidade. Estamos traballando para intentar facer dispoñible este medio de asinar, así que se pensas que podes axudarnos a poñer en marcha un dispositivo dixital de recollida de firmas dentro do marco lexislativo, agradeceremos moito a túa axuda!