lei salma
Unha Lei galega de Saúde Mental
As ambicións dos programas para a saúde mental requiren dun respaldo legal que regule e garanta o cumprimiento dos seus obxectivos, e que defina con precisión os medios e os recursos precisos para levalos a cabo. Sen isto, os programas operativos acaban quedando, demasiado a miúdo, no eido teórico e das boas intencións. Por iso dende a fundación SALMA queremos impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular para aprobar una lei que recolla os dereitos das personas con problemas de saúde mental, e que especifique con claridade as obligacións da Administración para garantir a atención sanitaria e a continuidade terapéutica.
A Lei galega de Saúde Mental que temos redactado aboga por implantar un modelo de saúde mental baseado na proximidade, que parta dende os centros de atención primaria, para chegar a toda a poboación que o precise. Para iso, a lei establece as responsabilidades necesarias e prevé a asignación de medios e de recursos que permitan que os programas e as estratexias nesta materia teñan unha maneira efectiva de cumplir os seus obxectivos.
A I.L.P. foi admitida a trámite no Parlamento de Galicia, e xa conseguimos recoller máis de 17.000, por riba das 10.000 necesarias. Grazas a todas as persoas que colaboraron!